2ª Mano
Desgarrador testamento poético do recentemente falecido Agostiño Lomba. A súa sensibilidade e a extremosidade dos sentimentos traslucense ao longo desta xeira de pequenos e descarnados poemas-aforismos.
O libro, publicado de modo póstumo pola mesma editorial e na mesma colección na que traballaba, da conta do seu sufrimento nun mundo no que non acaba de achar acougo. Un mundo onde a morte semella ser a única saída para escapar dunha vida que carece de sentido. O testamento último do autor que queda perfectamente reflictido no título que dá nome ao poemario.