Búsqueda de Editorial : EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

110 resultados

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Aire Negro ten como eixe principal unha desacougante historia de terror, que se mestura cunha dobre historia de amor que ten a protagonista como centro. Toda a novela é unha analepse ou flash-back, xa que o narrador é un médico psiquiatra, Víctor Moldes que, tres anos despois de que ocorresen, nárranos os feitos que o fixeron abandonar a profesión e que obrigan a vivir nun perm...

    3,90 €

  • CRAZY
    LEBERT, BENJAMIN
    Cando Benjamin cumpre dezaseis anos inicia a experiencia do seu quinto internado. Botárono dos catro centros anteriores. Benjamin, que padece unha parálise parcial no lado esquerdo do seu corpo, non é feliz con ter que deixar a súa familia e é moi escéptico sobre as posibilidades de mellorar as súas malas cualificacións. Todo mudará cando coñece a Janosch, ao seu carismático co...

    3,90 €

  • EU E OS MEUS COLEGAS
    MACPHERSON, ANN / MACFARLANE, JAMES AIDAN
    Steve, Rachel, Tony, David, Jerry e Miranda son colegas dende a escola primaria. Agora están a pasar por momentos difíciles. A festa do Instituto remata cun paseo pola comisaría de policía onde terán que afrontar acusacións de posesión de drogas e roubo de bicicletas. A morte do seu profe de Química fará que reflexionen e sintan moi preto as consecuencias da sida.Saúde, sexo, d...

    3,90 €

  • NÁUFRAGOS EN TERRA
    MARTÍNEZ OCA, XOSÉ MANUEL
    Náufragos en terra está constituído por seis relatos, " A presencia " , " Cari " , " Antes do naufraxio " , " Fin de semana " , " Os cumios da serra " , " Saudade con botella e velador " que son outras tantas historias de amores imposibles, de encontros fortuítos, de almas xémeas en camiños que nunca se chegan a encontrar.Este fermoso libro de relatos conmoverá ós lector...

    3,90 €

  • MATAR O TEMPO
    VALCÁRCEL, XESÚS
    Matar o tempo é a historia dun proceso educativo para a deshonra e a vileza, mestura de novela picaresca e feminina, móstranos a loita dun personaxe de condición humilde, que, a trompadas, coa adversidade, vai edificando a súa vida a conta dos outros,e pasa fame, sofre enganos, burlas, explotación. En ningún dos ambientes nos que se desenvolve hai nunca lugar para a piedade, o ...

    3,90 €

  • CARA Á FIN DA LUZ
    VILA SEXTO, CARLOS
    A familia Banks ?os adolescentes Joseph e Shannon e os seus pais? saen de vacacións. Pola radio anuncian unha eclipse para dentro de tres días e Joseph nota algo estraño no aire, como agoiros indefinidos. Na estrada atopan un atasco e deciden tomar unha rota alternativa, pola que van parar a Nova Israel, un pobo misterioso e solitario no que quedan atrapados. Alí serán testemuñ...

    3,90 €

  • ANÉLIDOS
    BERNARDO, BRUNO
    O verme Ferf Ferf descobre un día que pode comprende-la línguaxe das toupas. Esa habilidade sálvalle a vida: unha toupa chamada Basilei lévao á presencia do seu reí por ver se o divirte. Pero xusto ese día o fillo do reí perdérase e as toupas pensan que fora raptado polas aguias. Ferf Ferf descobre que non foran as aguias, senón as donicelas, as raptoras do fillo do reí das tou...

    3,90 €

  • LUCÍA
    FRÍAS CONDE, FRANCISCO XAVIER
    A protagonista do conto é unha rapaza chamada Lucía, moi calada e misteriosa, todo o contrario da súa irmá Carolina. A familia de Lucía vive en Madrid, logo de abandonaren Ibias, a súa vila natal entre Galicia e Asturias.Lucía a penas sae da casa e sempre leva canda ela unha caixa baleira de ébano entre as súas mans.Unha noite Carolina espía a súa irmá e ve como se converte nun...

    3,90 €

  • DA TERRA ASOBALLADA
    CABANILLAS, RAMÓN
    O título Da Terra asoballada xorde por vez primeira na obra de Ramón Cabanillas, o noso poeta da raza, como unha das seccións nas que aparece dividido Vento mareiro (1915). Xa en 1926, Da Terra asoballada volve aparecer na cabeceira dun poemario ben diferente daqueloutro de nove anos atrás. Agora Cabanillas escribe versos que conectan decisivamente co espírito do nacionalismo v...

    3,90 €

  • CIENCIA DE FACER AS CAMAS
    CERMEÑO, XOSÉ
    As mulleres que teñen fe na literatura non adoitan fiarse dos escritores. E levan algo de razón. Dun libro é posible arrincar as páxinas que non nos pracen, esquecer as que nos crispan, botar ó lume as que xa gastamos coa lectura ou as que non pensamos ler. En troques, dun señor que escribe non é tan fácil esmoucar e desbotar os seus defectos nin as súas ideas nin as súas mirad...

    3,90 €

  • A UNIVERSIDADE
    RUBÉN CAMILO LOIS GONZÁLEZ
    Desde hai cincocentos anos, a Universidade de Santiago vén concentrando boa parte da oferta educativa superior en Galicia. Durante moito tempo esta institución mantivo un carácter elitista e minoritario, coherente co seu protagonismo na formación dos grupos dirixentes do país, pero a partir de 1960 apréciase unha ruptura fundamental na evolución seguida pola Universidade, que p...

    3,90 €

  • A CRUZ DE SALGUEIRO
    JESÚS RODRÍGUEZ LÓPEZ
    Xesús Rodríguez López (Lugo, 1859-1917), médico de profesión, estivo especialmente preocupado por atinguir dous obxetivos esenciais na súa obra: dunha parte, o seu empeño diríxese a conseguir a transcrición máis fidedigna dos costumes e dos ambientes para trazar unha imaxe realista da vida galega do seu tempo; doutra, esa mesma fidelidade determínao a escribir nun galego no que...

    3,90 €

  • CONVERSAS CON MANUEL MEILÁN
    SAMUELLE, CRISTINA
    Castelao morre na mañanciña do 7 de xaneiro de 1950. Manuel Meilán busca ansiosamente a Blanco Amor en Montevideo para levalo a Bos Aires.As sociedades galegas queren que sexa o escritor ourensán quen pronuncie as derradeiras palabras de despedida ó rianxeiro. Así comenza o primeiro capítulo deste libro. .Manuel Meilán (Lugo, 1904) defínese a si mesmo como " un simple peón de ...

    3,90 €

  • A ROSA DE CEN FOLLAS
    CABANILLAS, RAMÓN
    Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das ...

    3,90 €

  • GALERÍA DE ESQUECIDOS DE FELICIANO LOBELOS
    VÁZQUEZ FREIRE, MIGUEL
    As esculturas de Ermelinda eran todas pezas dun tamaño semellante, de un metro de alto aproximadamente.Todas respresentaban a figura dun home. O home, que manifestamente non sempre era o mesmo (habíaos gordos e fracos, con barba e sen ela, etc.), tiña en tódolos casos un enonne pene que, como era tamén manifesto, a duras penas podía soster. O pene -ou " pollón " , como pronto ...

    3,90 €

  • SOÑOS ELÉCTRICOS
    CARIDE, RAMÓN
    O tema central é a cultura de masas, concretamente o universo do rock and roll, con moita influencia de músicos como David Bowie e referencias ó cine e ó cómic. A novela está ambientada nun mundo futurista, que pode ser herdeiro do de Blade Runner, a película de Ridley Scott, ou de Un mundo feliz, de Aldous Huxley. Sobre a estructura da novela é " coma unha acumulación de rela...

    3,90 €

  • HOMES DE TRAS DA CORDA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Todos levamos un pequeno paraiso dentro. O paraiso da memoria e da infancia, os antigos soños, as primeiras historias, as vellas paisaxes que seguen dentro de nós e nos acompañan sempre. A Corda é unha serra das terras do norte de Lugo , alén das paisaxes cunqueirianas de Mondoñedo, " serra de andar de vagar, sen présa " , di o autor, " para que os homes, pola meditación da n...

    3,90 €

  • O DESERTO DOS TÁRTAROS
    BUZZATI, DINO
    -É un treito de fronteira morta --engadiu Ortiz-. De maneira que non mudou nunca, sempre continuou sendo como hai un século.-¿Como, " fronteira morta " ?-Unha fronteira que non preocupa. Diante hai un grande deserto.-¿Un deserto?-Efectivamente, un deserto, seixos e terra seca; chámano o deserto dos Tártaros. ...

    3,90 €

  • AVES DE PASO
    FONTE, RAMIRO
    Son dous relatos extensos: O peso das sombras e Lonxe, dúas novelas curtas, dúas historias de soedade, de dúas aves de paso, Diego Ferro e Clara Dardé, na procura dos seus orixes.Ramiro Fonte amosa nesta súa obra, un excelente dominio da lingua e do retrato psicolóxico dos personaxes. A través da creación de situacións, da preocupación polas relacións interpersonais e da atmósf...

    3,90 €

  • AS CICATRICES. A MAIOR ABONDAMENTO
    SEOANE, LUÍS
    Luís Seoane, fillo de emigrantes, naceu en Buenos Aires en 1910 e morreu na cidade da Coruña en 1979. A súa personalidade artística é unha das máis ricas da Galicia deste século: pintor, escenógrafo, ensaísta, narrador, poeta...Nesta mesma colección publicamos os seus dous primeiros libros de poesía, aportacións moi significativas ó realismo da literatura do exilio. O presente ...

    3,90 €

  • O COMBATE DOS DEUSES
    CABRERA VARELA, JULIO
    Max Weber, economista, sociólogo e filósofo alemán (Erfurt 1864-Munich 1920) é un dos grandes pensadores europeos deste século, encadrado na terceira grande xeira de intelectuais preocupados polas ciencias sociais e a idea de " progreso " para a humanidade, logo dos filósofos da Ilustración e a xeración de teóricos de tradición " científica " (Hegel, Condorcet, Comte, Marx...

    3,90 €

  • NON AGARDEI POR NINGUÉN
    VALENZUELA, RAMÓN DE
    Ramón de Valenzuela Otero (1914-1980) é un dos poucos narradores galegos que intentaron unha crónica persoal das experiencias da guerra civil. Dúas novelas súas ?Non agardei por ninguén (1957) e Era tempo de apandar (1980)- forman un pequeño pero vivísimo retablo dos acontecementos daqueles anos, a represión, a cadea, os fuxidos na montaña, vencedores e vencidos, en boa parte c...

    3,90 €

  • CARA A TIMES SQUARE
    GONSAR, CAMILO
    Camilo Gonsar, Camilo González Suárez-Llanos (Sarriá, 1931) foi un dos máis activos renovadores da novela e o relato na década dos 60, pertencente ó grupo da chamada ?'nova narrativa'', xunto con Méndez Ferrín, Rodríguez Mourullo, María Xosé Queizán, Carlos Casares, etc., e Cara a Times Square (1980) é un dos exemplos máis brillantes da súa recoñecida calidade literaria. Novela...

    3,90 €

  • PRENSA LITERARIA EN GALICIA
    CÉSAR ANTONIO MOLINA
    Comenzando mesmo por introduci-la terminoloxía correspondente, trázase aquí a primeira historia da prensa literaria en Galicia. Mais non illadamente; enmarcada nunha documentadísima panorámica da prensa literaria española, que tamén se aborda aquí por primeira vez. Visión de conxunto, baseada no estudio pormenorizado de cada unha das numerosas publicacións estudiadas. E velaquí...

    3,90 €

  • MONDO E OUTRAS HISTORIAS
    LE CLÉZIO, JEAN-MARIE GUSTAVE
    En Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbad...), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías gracias a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Suxeridoras viaxes que nos levan a Barasali, Dahlar Kebir ou Hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas qu...

    3,90 €

  • NO ANO DO COMETA
    BERNÁRDEZ VILAR, XOÁN
    No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia. A aparición do cometa Halley nese mesmo ano, será interpretada como signo favorable á invasión de Inglaterra planeada polo duque Guillerme de Normandía. Galicia non está exenta desta aventura e na trama xoga un papel importa...

    3,90 €

  • AMOR DE PERDICIÓN
    CASTELO BRANCO, CAMILO
    ´Amor de Perdición que, no dicir de Unamuno, é a novela de paixón amorosa máis intensa e máis profunda das que se escribiron na Península e un dos poucos libros representativos da nosa común alma ibérica, foi recibido clamorosamente no Porto nos anos das ...

    3,90 €

  • DR. JEKYLL E MR. HYDE
    STEVENSON, ROBERT LOUIS
    É esta unha das máis precisas e preciosas novelas de terror que se teñen publicado. Apareceu por primeira vez o ano 1886, e relátano-los experimentos do Dr. Jekyll, home preocupado desde a mocidade pola dualidad e que a alma de cada ser humano contén, abalando sempre entre os principios do ben e o mal, e que el consegue " separar " en si mesmo por medio dunha pócima, dándolle...

    3,90 €

  • O REVERSO DO ESPELLO
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Seguindo a técnica dos vellos conteiros populares, apelando á benevolencia do lector e á memoria antiga do pobo, o autor das Lettres de mon moulin condúcenos agarimosamente, emocionado e emocionándonos, polas, queridas paisaxes da Provenza, un mundo ben diferente daqueloutro mundo de París que el habitaba, un paraíso rural, ás veces inxenuo de máis, idílico, onde as cousas máis...

    3,90 €

  • ESTUDIO EN ESCARLATA
    DOYLE, ARTHUR CONAN
    Holmes, o detective, tivo como primeiro nome o de Sherrinford, ata que A. Conan Doyle deu co de Sherlock, máis eufónico. O autor quéreo facer aparecer como superador doutros detectives famosos na literatura e como exemplo para os sabuxos da Scotland Yard, pero no fondo é un destilado literario da súa propia personalidade.Watson, o médico, é o instrumento de que se vale Conan Do...

    3,90 €


01 02 03 04 »